Cryopreservación dos recursos biolóxicos mariños (CryoLab)

Foto: W.carter · CC BY-SA 4.0

Desenvolvemos protocolos avanzados de criopreservación dirixidos a recursos biolóxicos mariños: organismos modelo, como medusas, poliquetos, copépodos ou algas, e invertebrados de interese comercial, como mexillóns, ameixas, ourizos ou cefalópodos. Tamén realizamos investigación teórica e de criobioloxía básica con peixes.

Estas investigacións buscan aplicacións relevantes en acuicultura e na conservación da biodiversidade. Así mesmo, analizamos de forma detallada os procesos criobiolóxicos e os seus parámetros teóricos en organismos e células recalcitrantes, contribuíndo ao progreso do coñecemento en criobioloxía de organismos acuáticos.

Impulsora

  • Estefanía Paredes Rosendo (coordinadora). ECOCOST (EZ1). Ramón y Cajal, ata 2029.

Técnicas e servizos que ofrecemos

  • Desenvolvemento e optimización de protocolos de criopreservación de organismos mariños.
  • Criopreservación de microalgas, gametos, embrións, larvas e xuvenís.
  • Avaliación da viabilidade, a supervivencia e a calidade biolóxica despois da desconxelación.
  • Deseño de estratexias de biobanking e conservación de recursos xenéticos mariños.
  • Transferencia tecnolóxica e escalado de protocolos para acuicultura e coleccións biolóxicas.
  • Asesoramento científico-técnico e formación especializada en criobioloxía mariña.

Máis información

Bibliografía destacada

  • Lago, A., Troncoso, J., & Paredes, E. (2026). Cryopreservation of Aurelia aurita larvae, a new model for understanding cryobiology in high-water content marine species. Cryobiology, 123, 105628. https://doi.org/10.1016/j.cryobiol.2026.105628
  • Paredes, E., Berhane Getachew, N., Bezares-Calderón, L. A., Campos, S., Belokurov, A., & Tessmar-Raible, K. (2026). Cryopreservation of Platynereis dumerilii larvae. Cryobiology, 122, 105544. https://doi.org/10.1016/j.cryobiol.2025.105544
  • Paredes, E., Heres, P., Campos, S., Lago, A., Anjos, C., & Cabrita, E. (2026). Cryopreservation of marine invertebrates: From sperm to organismal cryopreservation. In W. F. Wolkers & H. Oldenhof (Eds.), Cryopreservation and Freeze-Drying Protocols (pp. 483–503). Springer US. https://doi.org/10.1007/978-1-0716-5416-3_20
  • Campos, S., Rodríguez, U., Troncoso, J., & Paredes, E. (2025). Understanding osmoregulation, cryoprotectant toxicity, and cold tolerance in sea urchin eggs: Implications for cryopreservation. Cryobiology, 119, 105235. https://doi.org/10.1016/j.cryobiol.2025.105235