
Investigación
Catro liñas de traballo sobre o océano, o clima e a vida mariña
Foto: Ocean Observatories Initiative · Dominio público
O persoal investigador posdoutoral do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo agrúpase en catro liñas de investigación emerxentes, promovidas por CIM-Renova. Estas liñas están impulsadas por investigadoras e investigadores cun contrato posdoutoral competitivo (Ramón y Cajal, Xunta de Galicia, Retención de Talento, etc.). A continuación pódese consultar en que consiste cada liña, as persoas que a impulsan, unha selección de publicacións relevantes e, cando existen, as técnicas e servizos que ofrece.
Liñas de investigación
-

Modelado integrado de eventos extremos en sistemas costeiro-fluviais
Ver a liña: Modelado integrado de eventos extremos en sistemas costeiro-fluviaisModelado climático, hidrolóxico e numérico (2D e 3D) para analizar e anticipar inundacións, temporais, enchentes e episodios de calor extremo en estuarios e rías.
-

Interacción océano-atmosfera e eventos extremos
Ver a liña: Interacción océano-atmosfera e eventos extremosProcesos físicos e termodinámicos que conectan o océano e a atmosfera con secas, ciclóns, ríos atmosféricos, precipitacións intensas e ondas de calor, e a súa evolución nun contexto de cambio global.
-

Cryopreservación dos recursos biolóxicos mariños (CryoLab)
Ver a liña: Cryopreservación dos recursos biolóxicos mariños (CryoLab)Protocolos avanzados de criopreservación para organismos mariños, desde medusas, poliquetos, copépodos e algas ata mexillóns, ameixas, ourizos e cefalópodos, con aplicacións en acuicultura e conservación da biodiversidade.
-

Proxies sedimentarios avanzados para estudar o cambio ambiental e a preservación da materia orgánica en sistemas mariños modernos e pasados
Ver a liña: Proxies sedimentarios avanzados para estudar o cambio ambiental e a preservación da materia orgánica en sistemas mariños modernos e pasadosMicropaleontoloxía e mineraloxía do rexistro sedimentario para reconstruír cambios climáticos e ambientais en ecosistemas mariños actuais e pasados, e avaliar a preservación da materia orgánica.