Almorzo informativo: o reto ERC

Escrito por

en

O xoves 26 de novembro de 2026, das 10:15 ás 12:45 h, a Sala 1 do Edificio Miralles, no campus de Vigo, acollerá o almorzo informativo «O reto ERC. Oportunidades, estratexias e experiencias reais», unha xornada presencial organizada polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo sobre as convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC).

O encontro ten como obxectivo presentar as oportunidades que ofrecen estas convocatorias para impulsar e consolidar a carreira investigadora, así como as claves para preparar as candidaturas e as estratexias que poden contribuír a mellorar as posibilidades de éxito. Contará coa participación da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da Universidade de Vigo e coa experiencia de dúas investigadoras que concorreron ás ERC Starting Grants.

A asistencia require inscrición previa. O prazo de inscrición remata o luns 23 de novembro de 2026.

Programa

  • 10:15–10:25 h. Benvida.
    María Veiga García, responsable de Captación de Talento no Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo).
  • 10:25–11:10 h. O camiño á ERC. Da idea á financiación: que se avalía, experiencias reais e recursos de apoio.
    Ana F. Mosquera, técnica de Promoción de Proxectos Internacionais, e Adriana Santos Muñoz, técnica de Atracción de Talento, ambas da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da Universidade de Vigo.
  • 11:10–11:30 h. A miña experiencia coas ERC Starting Grants: tamén se aprende dos non.
    Ayelén Melisa Blanco Imperiali, investigadora Ramón y Cajal no Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo).
  • 11:30–12:00 h. Almorzo.
  • 12:00–12:30 h. From the first draft to a funded ERC.stg Project: the Bivalve2bivalve story.
    Alicia López Bruzos, investigadora ERC Starting Grant no Max Planck Institute.
  • 12:30–12:45 h. Quenda de preguntas e peche da xornada.
    María Veiga García, responsable de Captación de Talento do CIM-UVigo.
Cartel do almorzo informativo «O reto ERC. Oportunidades, estratexias e experiencias reais»: xornada presencial na Sala 1 do Edificio Miralles, 26 de novembro de 2026, das 10:15 ás 12:45 h. Necesaria inscrición.