Investigador posdoutoral da Xunta de Galicia no grupo Environmental Physics Laboratory (EPhysLab) da Universidade de Vigo, no campus de Ourense.
Forma parte do equipo de coordinación de CIM-Renova e coordina a liña de investigación Modelado integrado de eventos extremos en sistemas costeiro-fluviais.
O seu traballo enmárcase no modelado de eventos extremos (inundacións, temporais, enchentes e episodios de calor) en estuarios e rías, combinando modelos climáticos, hidrolóxicos e numéricos.
Contacto
- Correo electrónico: diefernandez@uvigo.gal
- ORCID: 0000-0002-7508-6502
- Web: ephyslab.uvigo.es/dr-diego-fernandez-novoa
