Investigadora con contrato de retención de talento da Universidade de Vigo no grupo Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica (XM-1), no campus de Vigo.
Participa na liña de investigación Proxies sedimentarios avanzados para estudar o cambio ambiental e a preservación da materia orgánica en sistemas mariños modernos e pasados.
O seu traballo enmárcase no estudo do rexistro sedimentario (micropaleontoloxía e mineraloxía) para reconstruír cambios ambientais en sistemas mariños actuais e pasados.
Contacto
- Correo electrónico: carolina.gil.lozano@uvigo.gal
- ORCID: 0000-0003-3500-2850
