Investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia no grupo Xeoloxía Mariña e Ambiental (GEOMA, XM-2) da Universidade de Vigo, no campus de Vigo.
Forma parte do equipo de coordinación de CIM-Renova e coordina a liña de investigación Proxies sedimentarios avanzados para estudar o cambio ambiental e a preservación da materia orgánica en sistemas mariños modernos e pasados.
O seu traballo enmárcase no estudo do rexistro sedimentario (micropaleontoloxía e mineraloxía) para reconstruír cambios ambientais en sistemas mariños actuais e pasados.
Contacto
- Correo electrónico: iriagamo@uvigo.gal
- ORCID: 0000-0001-8713-0374
- Web: iriagamo.webs9.uvigo.es
